{"id":4026,"date":"2015-04-08T17:14:16","date_gmt":"2015-04-08T19:14:16","guid":{"rendered":"http:\/\/jurjotorres.com\/?p=4026"},"modified":"2017-04-16T16:41:46","modified_gmt":"2017-04-16T14:41:46","slug":"doctorado-honoris-causa-a-michael-w-apple-udc","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/jurjotorres.com\/?p=4026","title":{"rendered":"Doctorado Honoris Causa a Michael W. Apple (UDC)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ffffff;\">.\u00a0<\/span><\/p>\n<h3 style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #030352;\"><span style=\"color: #031b52;\">A Universidade da Coru\u00f1a investiu\u00a0co grao <em><strong>Doutor Honoris Causa<\/strong><\/em> ao profesor\u00a0<strong>Michael W. Apple<\/strong> o d\u00eda\u00a016 de marzo de 2015<\/span>.<\/span><\/h3>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #008000;\">Laudatio a Michael W. Apple<\/span><\/h2>\n<p style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #ffffff;\">.<\/span><\/p>\n<h3 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #0000ff;\">Jurjo Torres Santom\u00e9<\/span><\/h3>\n<h6><span style=\"color: #ffffff;\">.<\/span><\/h6>\n<h4 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #610b7d;\"><strong>Universidade da Coru\u00f1a<\/strong><\/span><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ffffff;\">.\u00a0 Universidade da Coru\u00f1a\u00a0 Universidade da Coru\u00f1a<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Reitor Magn\u00edfico, Vicerreitoras e Vicerreitores, Autoridades, Profesoras, Profesores, Estudantes, Persoal de Admnistraci\u00f3n e Servizos, Cidad\u00e1s e Cidadaos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 un grande privil\u00e9xio o poder celebrar hoxe este tan importante nomeamento, o maior que unha universidade pode otorgar, Doutor Honoris Causa, ao Profesor Michael W. Apple. Unha proposta que iniciou a sua andaina en 2004 a proposta por unanimidade do departamento de Pedagox\u00eda e Did\u00e1ctica e da Faculdade de Ciencias da Educaci\u00f3n. A demora deste proceso, debida aos fortes recortes aos que someteron as autoridades pol\u00edticas as universidades p\u00fablicas, serveu tam\u00e9m para ver que aquela iniciativa co paso do tempo acadaba ainda mais raz\u00f3ns para chegar a bon t\u00e9rmino. Xa que, ademais de ver-se incrementados os abundant\u00edsimos e sobrados m\u00e9ritos do candidato, serveu asi mesmo para constatar que as suas teor\u00edas, an\u00e1lises e investigaci\u00f3ns son imprescind\u00edbeis para comprender a historia da educaci\u00f3n do s\u00e9culo XX e dos anos que levamos do s\u00e9culo presente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un Doutorado Honoris Causa \u00e9 unha distinci\u00f3n e agradecemento a unha persoa de especial relevancia e refer\u00e9ncia obrigada, cando menos, nas \u00e1reas de co\u00f1ecemento nas que incide mais directamente a sua obra. Xa que logo, o que eu tentarei facer \u00e9 xustificar e convencer \u00e1 comunidade universit\u00e1ria e \u00e1 sociedade galega de cales son as raz\u00f3ns principais porque se prop\u00f3n esta distinci\u00f3n que hoxe vamos a facer realidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Organizo a mi\u00f1a intervenci\u00f3n en duas partes:<\/p>\n<ol style=\"text-align: justify;\">\n<li>Unha breve descrici\u00f3n do contexto educativo, pol\u00edtico e social no que a sua obra chega por primeira vez ao Estado Espa\u00f1ol.<\/li>\n<\/ol>\n<ol style=\"text-align: justify;\" start=\"2\">\n<li>O grande impacto e relevancia que foi acadando a sua abundante produci\u00f3n intelectual en libros, artigos de revistas, actas cient\u00edficas, e participaci\u00f3n en congresos, confer\u00e9ncias e semin\u00e1rios, desde a segunda metade da d\u00e9cada dos setenta at\u00e9 a actualidade.<\/li>\n<\/ol>\n<p style=\"text-align: center;\">* * *<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em>1. O contexto no que entramos en contacto por primeira vez coa obra de M. W. Apple <\/em>obr\u00edganos a facer un m\u00ednimo de recuperaci\u00f3n da memoria hist\u00f3rica no \u00e1mbito da educaci\u00f3n, pois o impacto do seu traballo no noso contexto coincide cos primeiros momentos da denominada restauraci\u00f3n democr\u00e1tica, logo de catro d\u00e9cadas de cruel dictadura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No Estado espa\u00f1ol o fascismo tivo ao mundo da educaci\u00f3n tam\u00e9n no alvo das suas miradas e acci\u00f3ns. Foron demasiados os ensinantes asasinados e encadeados e inhabilitados, en especial nos primeiros anos da usurpaci\u00f3n do poder polo Xeral\u00edsimo Franco. A\u00ed quedou ese dur\u00edsimo cuadro-retrato que fixo Alfonso Daniel Rodr\u00edguez Castelao en 1937 dun mestre morto nunha estrada que est\u00e1n a contemplar dous sofrintes rapaces, coa significativa lenda \u00ab<em>A derradeira lecci\u00f3n do mestre<\/em>\u00ab; ou o fermoso, mais realista relato \u00abA l\u00edngua das bolboretas\u00bb doutro dos Honoris causa desta universidade, Manuel Rivas, que narra a experiencia educativa do mestre don Gregorio, un claro exemplo da pedagox\u00eda da Instituci\u00f3n Libre de Ensinanza, que nos meses pr\u00e9vios ao levantamento fascista \u00e9 considerado como unha grande ameaza polos falanxistas e gardas civ\u00eds que ve\u00f1en a levar a un mestre que o que fac\u00eda era suscitar a curiosidade e liberdade intelectual e confiar e animar ao seu alumnado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-4036\" src=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/Castelao-.jpg\" alt=\"Castelao\" width=\"540\" height=\"733\" srcset=\"https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/Castelao-.jpg 711w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/Castelao--221x300.jpg 221w\" sizes=\"auto, (max-width: 540px) 100vw, 540px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ffffff;\">.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O fascismo espa\u00f1ol xa desde o primeiro momento sabe ben que unha verdadeira educaci\u00f3n, dedicada a desenvolver as capacidades e pensamento das persoas, a estimular a sua capacidade de leitura do mundo e intervir activamente na sua transformaci\u00f3n, \u00e9 incompat\u00edbel cos seus ideais de dominar e someter aos seres humanos. Desde o primeiro momento todos os grandes logros do primeiro bienio da Rep\u00fablica, 1931-1933, o periodo aza\u00f1ista no que se comezaron a levar a cabo grandes reformas que modernizaban realmente o noso sistema educativo, van a sofrir unha completa marcha atr\u00e1s; en especial o proxecto de construir muitas escolas, dignificar a figura dos ensinantes, mellorar a formaci\u00f3n docente e apostar por un ensino cient\u00edfico, human\u00edstico e laico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por primeira vez, naqueles anos da Rep\u00fablica, Espa\u00f1a estaba na vangarda do pensamento educativo. A Instituci\u00f3n Libre de Ensinanza con persoalidades como Bartolom\u00e9 Cosio ou Giner de los R\u00edos (un dos seus fundadores en 1876, e cuxo primeiro centen\u00e1rio do seu pasamento celebramos este ano) estaba na vangarda da transformaci\u00f3n educativa, o que tam\u00e9n facilitou un intercambio muito m\u00e1is rico co pensamento e pr\u00e1cticas educativas que nese momento estaban na vanguarda no resto de Europa e do mundo, por exemplo, con toda o movimento da Escola Nova (Ferriere, Decroly, Montessori, &#8230;), ao igual que, por exemplo, coa riqu\u00edsima e seminal obra de John Dewey. Os grandes pensadores do momento: Fernando de los R\u00edos, Joaquin Costa, Ortega y Gasset, Antonio Machado, Miguel de Unamuno, Emilia Pardo Baz\u00e1n, Gregorio Mara\u00f1\u00f3n, Juan Ram\u00f3n Jim\u00e9nez, Garc\u00eda Lorca, Vicente Viqueira &#8230; estaban tam\u00e9n a trav\u00e9s da ILE colaborando coa renovaci\u00f3n educativa, cultural e social daquela sociedade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Dictadura tratar\u00e1 de borrar o seu legado e influencia desde os primeiros momentos que ocupan o poder. E as\u00ed, por exemplo, nas queimas de bibliotecas que levaban a cabo, os libros da ILE e, en xeral de todo o que lembrase ao novo pensamento educativo, eran tam\u00e9n alimento do lume.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Esas terr\u00edbeis d\u00e9cadas frearon a modernizaci\u00f3n en todos os \u00e1mbitos culturais e, xa que logo, o pensamento educativo acabou rachando con todo ese legado da Rep\u00fablica, e o conservadurismo mais r\u00e1ncio acabou sendo a filosof\u00eda e modelo educativo a instaurar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O campo da pedagox\u00eda e dos estudos de maxisterio estiveron, en toda esa longu\u00edsima etapa da dictadura, f\u00e9rrea e autoritariamente vixiados polas autoridades fascistas e, moi especialmente polas autoridades eclesi\u00e1sticas que animaran o levantamento de 1936, e que logo se esforzaron por perpetuar.<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-4052\" style=\"margin: 20px;\" src=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/Rafael-canogar-El-castigo.jpg\" alt=\"Rafael Canogar\" width=\"290\" height=\"288\" srcset=\"https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/Rafael-canogar-El-castigo.jpg 550w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/Rafael-canogar-El-castigo-150x150.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 290px) 100vw, 290px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Asasinadas, expulsadas e exiliadas aquelas figuras que trataban de modernizar e estender a mellor educaci\u00f3n a todas as capas sociais, a teolox\u00eda tomista pasou a coventer-se nas bases \u00abcient\u00edficas\u00bb coas que pensar e actuar en educaci\u00f3n. Tradici\u00f3n que durou inclusive at\u00e9 os primeiros anos da democracia restaurada. Nun libro dun insigne catedr\u00e1tico de Did\u00e1ctica e Organizaci\u00f3n Escolar, o primeiro catedr\u00e1tico da Universidade Complutense, Arsenio Pacios, publicado en 1981, podemos ler, ainda nese momento da transici\u00f3n democr\u00e1tica, o seguinte par\u00e1grafo: \u00ab<em>El punto de partida adoptado en este trabajo es el de la doctrina filos\u00f3fica y psicol\u00f3gica llamada con frecuencia tradicional, es decir, la aristot\u00e9lica-tomista, seg\u00fan se cultiva en nuestros dias, &#8230;, te\u00f1ido por una actitud no solo espiritualista, sino positivamnete religiosa<\/em>\u00bb (Arsenio PACIOS: <em>Introducci\u00f3n a la Did\u00e1ctica<\/em>. Madrid. Cincel, 1980, p\u00e1xs. 10 &#8211; 11). Optei por le-lo porque poida que as novas xeraci\u00f3ns estivesen a pensar que estou falando de varios s\u00e9culos atr\u00e1s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nas catro d\u00e9cadas que durou a \u00ab<em>longa noite de pedra<\/em>\u00ab, en palabras do poeta Celso Emilio Ferreiro, os libros de texto, mais tam\u00e9n os empregados nas Escolas de Maxisterio, eran obxecto de censura tanto pol\u00edtica como relixiosa, os famosos \u00ab<em>nihil obstat<\/em>\u00ab, eran os avais das autoridades eclesi\u00e1sticas incluso ao co\u00f1ecimento cient\u00edfico e, xa que logo, laico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ainda que, pouco a pouco, comezaron a entrar libros clandestinos de todos aqueles campos que as autoridades do \u00abmovimiento nacional\u00bb vixiaban mais de cerca (filosof\u00eda, sociolox\u00eda, pensamento pol\u00edtico, psicoan\u00e1lise, &#8230;), os referidos \u00e0 educaci\u00f3n pr\u00e1cticamente no chegaron at\u00e9 o inicio dos anos 70. Nestas primeiras brechas de resist\u00e9ncia van ser moi importantes os movimentos e partidos pol\u00edticos marxistas e tam\u00e9n os cristi\u00e1ns que simpatizaban coa Teolox\u00eda da Liberaci\u00f3n latinoamericana. \u00c9 por iste conducto polo que aos estudantes, por exemplo, nos chegaban libros prohibidos como a \u00ab<em>Pedagox\u00eda do oprimido<\/em>\u00bb e \u00ab<em>Educaci\u00f3n como pr\u00e1ctica de liberdade<\/em>\u00bb de Paulo Freire. En Catalu\u00f1a, a trav\u00e9s de certa semente que ainda quedaba latente do movimento republicano de renovaci\u00f3n pedag\u00f3xica Rosa Sensat, foi quiz\u00e1s por onde entraban mais cantidade de obras de interese: os libros de Celestin e Elise Freinet, de Mario Lodi, e de todo o rico movimento de renovaci\u00f3n italiano denominado \u00abMovimento di Cooperazione Educativa\u00bb, incluindo obras de John Dewey como \u00ab<em>Educaci\u00f3n y democracia\u00bb<\/em>, ou \u00ab<em>Experiencia y educaci\u00f3n\u00bb<\/em>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No reducido n\u00famero de facultades de pedagox\u00eda que permitira o fascismo, o Opus Dei vai a xogar un papel de control moi forte, tratando de impedir calquera tipo de pedagox\u00eda desviacionista. Mais ao estar compartindo en muitas ocasi\u00f3ns espazos coas secci\u00f3ns de psicoloxia e de filosof\u00eda, a psicoan\u00e1lise freudiana, non a da escola Reichiana, e o Conductismo, que supu\u00f1a naqueles momentos a m\u00e1xima innovaci\u00f3n permitida, facilitou tam\u00e9n a entrada do conductismo en educaci\u00f3n, na d\u00e9cada dos setenta. O ensino programado e a programaci\u00f3n por taxonom\u00edas de objectivos operativos, eran as maiores novidades naqueles anos, e at\u00e9 ben entrada a d\u00e9cada dos oitenta. Ainda que anos mais tarde, da man do discurso das compet\u00e9ncias volta a reaparecer, mais con novas linguaxes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sen embargo, as luitas que desde os sindicatos e partidos de esquerda e nacionalistas se levaban a cabo contra a dictadura, tam\u00e9n tuveron a sua marca na educaci\u00f3n. Numerosos mestres e mestras e estudantes universitarios das carreiras de educaci\u00f3n, participaban nelas e, o que \u00e9 mais importante para o que agora nos trae aqu\u00ed, tam\u00e9n estas luitas ti\u00f1an como obxectivo convencer e animar ao profesorado a \u00abmodernizar\u00bb o seu pensamento, a suas pedagox\u00edas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os libros clandestinos cos que o alumnado confrot\u00e1bamos ao noso profesorado inclu\u00edan autores proibidos pola censura franquista: por exemplo no campo da filosof\u00eda, textos de Erich Fromm, Hebert Marcuse, Theodor Adorno, Karl Marx, etc. e na educaci\u00f3n: Ferrer i Guardia, Paulo Freire, Lorenzo Milani, Neill, Freinet, Ivan Illich, &#8230; Eran e seguen a ser autores de refer\u00e9ncia, ainda que na actualidade as modas consumistas e as estrat\u00e9xias de desmemorizaci\u00f3n pretendan convencer-nos de que todo aquelo que non se publica na semana anterior pareza como desfasado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A morte do dictador en 1975 abriu a posibilidade de novas universidades en todo o Estado Espa\u00f1ol, e desta forma o controle da ortodoxia formativa do profesorado, en especial nas ciencias sociais, se lle fixo muito m\u00e1is dif\u00edcil a quen pretendese frear a luita tam\u00e9n pola liberdade de pensamento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E foi precisamente a ampliaci\u00f3n dos estudos e c\u00e1tedras de filosof\u00eda, sociolox\u00eda, econom\u00eda, as\u00ed como na nosas faculdades de todas as \u00e1reas de co\u00f1ecimento, o que -a medida que estas ian crescendo e precisando de mais docentes- posibilitou unha maior liberdade de pensamento e pluralidade, e debates mais rigorosos e cr\u00edticos. O profesorado mais novo, rec\u00e9n sa\u00eddo das facultades, era consciente de que precis\u00e1bamos tanto de reconstruir a nosa historia de pensamento como, moi especialmente, atualizar os nosos modelos, teor\u00edas e pensamento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nesta importante tarefa desempe\u00f1ou un papel de enorme importancia a \u00e1rea de sociolox\u00eda da educaci\u00f3n e, si un nome \u00e9 preciso non esquecer \u00e9 a valiosa obra do primeiro catedr\u00e1tico de Sociolox\u00eda da Educaci\u00f3n da Universidade Complutense, Carlos Lerena Ales\u00f3n, que por desgracia faleceu demasiado xoven. A sua obra nos abriu os ollos aos pedagogos e pedagogas m\u00e1is novos sobre os modos inxustos que o sistema educativo estaba a reproducir e, o que era pior, a lexitimar a estruturaci\u00f3n da sociedade en clases sociais. Eran momentos nos que a pedagox\u00eda oficial, a que trataba de continuar as tradici\u00f3ns tomistas e, incluso, o mais rancio conservadurismo, chegaba incluso a equiparar sociolox\u00eda e econom\u00eda con marxismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Foi moi importante esta toma de conciencia do profesorado m\u00e1is xoven co marxismo e, l\u00f3xicamente, coas luitas sociais que naqueles anos se estenderon por todo o Estado espa\u00f1ol para forzar e conquistar unha democracia que Francisco Franco deixara dito aos seus herdeiros que non deber\u00edan permitir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nas facultades e titulaci\u00f3ns de educaci\u00f3n era moi constat\u00e1bel un grande dinamismo e debate que trataba de actualizar e modernizar a nosa formaci\u00f3n. As novas correntes pedag\u00f3xicas, sociol\u00f3xicas, psicol\u00f3xicas e filos\u00f3ficas eran investigadas e procuradas, -aproveitando a posibilidade de viaxar a outros pa\u00edses e realidades- e as\u00ed confrontar con maior solidez o pensamento e modelos educativos e pedagox\u00edas oficiais, caracterizadas ademais de polo seu autoritarismo, por obrigar a numerosos docentes a converter-se en serv\u00eds da xerarquia dominante nas facultades universitarias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O noso compromiso coas luitas sociais e a militancia en organizaci\u00f3ns pol\u00edticas de esquerda nos serv\u00eda de motor para esforzarnos en trasladar tam\u00e9n ao noso traballo como profisionais da educaci\u00f3n os nosos ideais e compromisos coa democracia; de conformar sociedades e, xa que logo as escolas e faculdades universitarias, en lugares donde rexi-se unha verdadeira igualdade de oportunidades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 asi como procur\u00e1bamos con enorme avidez toda clase de libros que consirer\u00e1bamos pod\u00edan ser de interese para a nosa actualizaci\u00f3n e, que inmediatamente, traslad\u00e1bamos ao noso alumnado. Foi deste modo que autores como Pierre Bourdieu, Roger Establet, Christian Baudelot, Samuel Bowles, Herbert Gintis, Michael F. D. Young, &#8230; se convertiron en autores de referencia obrigada para n\u00f3s e para grande parte do alumnado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As obras destes autores nos fac\u00edan conscientes, con dados emp\u00edricos incuestion\u00e1beis, de que o sistema educativo, o os conte\u00fados culturais que estudaba o alumnado non eran pol\u00edticamente neutrais. Nin muito menos! Demasiados estudantes aprend\u00edan nas aulas a ver que \u00abnon naceran\u00bb para estudar, que aquelo non era para eles; non se sent\u00edan con capacidades, e os suspensos que receb\u00edan como calificaci\u00f3ns funcionaban como etiqueta que os deber\u00eda convencer de que eles eran os \u00fanicos respons\u00e1beis do fracaso. Os falsos e ideol\u00f3xicos discursos oficiais proclamando a existencia dunha igualdade de oportunidades trataban de culpabiliza-los de ser os \u00fanicos respos\u00e1beis. Li\u00f1a discursiva que mais recentmente vimos reaparecer da man de persoas como Esperanza Aguirre ou Jos\u00e9 M\u00aa Aznar co famoso mantra, tan eficaz para a direita e os neoliberais, da carencia da \u00ab<em>cultura do esforzo<\/em>\u00ab.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nese final da d\u00e9cada dos 70 e ao longo dos 80 a pedagox\u00eda maioritaria e con poder consideraba que a modernizaci\u00f3n vi\u00f1a da man dos modelos conductistas, que pasaron a dominar as metodolox\u00edas did\u00e1cticas e, incluso, a pol\u00edtica oficial do Ministerio de Educaci\u00f3n: coas famosas taxonom\u00edas de obxetivos operativos de aprendizaxe. Non obstante, moi pronto xurdiron alternativas de enorme poder e, nos primeiros momentos de amplia aceitaci\u00f3n polo profesorado non universit\u00e1rio, ou sexa, por mestras e mestras e docentes de bacharelato que traballaban en agrupaci\u00f3ns moi comprometidas coa modernizaci\u00f3n educativa, coa xustiza educativa e coa defensa da Escola P\u00fablica; o que se denominaron xen\u00e9ricamente como \u00abMovimentos de Renovaci\u00f3n Pedag\u00f3xica\u00bb (MRPs).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Foi neste sector do profesorado onde as profesoras e profesores universit\u00e1rios m\u00e1is xoves colabor\u00e1bamos facilitando o aceso a modelos e obras con enormes posibilidades para modernizar o sistema educativo. Foron moi decisivas as obras de autores como Lawrence Stenhouse, Paul Willis, Stephen Kemmis, John Elliott, Basil Bernstein, a medida que algunhas editoras mais na vanguarda, traduc\u00edan as suas obras a castel\u00e1n. Obras que pasaban a converter-se en nutritiva s\u00e1via e enerx\u00eda para repensar a praxe educativa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Quero suli\u00f1ar tam\u00e9n neste acto o importante traballo de difusi\u00f3n que tiveron tres editorias naquel momento: Paid\u00f3s, Akal e, moi especialmente Ediciones Morata, que \u00e9 a que ainda, pese \u00e0 crise econ\u00f3mica, contin\u00faa cun forte compromiso \u00e9tico editorial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Era grazas a estas empresas que se facilitaba a entrada de novos aires nas aulas das facultades universitarias e no resto das instituici\u00f3ns escolares. Pero tam\u00e9n \u00e9 imprescind\u00edbel resaltar a revista <em>Cuadernos de Pedagog\u00eda<\/em>, cuxos 40 anos de exist\u00e9ncia, mes a mes, estamos a celebrar. Revista que o mundo das facultades de pedagox\u00eda, que maioritariamente controlaban sectores tecnocr\u00e1ticos e conservadores acostuman a mirar con sospeita, pero que, polo contrario o resto do profesorado non universit\u00e1rio utilizaba continuamente; unha revista especializada que todav\u00eda na actualidade contin\u00faa a facer un imprescind\u00edbel traballo en favor da xustiza educativa e da renovaci\u00f3n e actualizaci\u00f3n pedag\u00f3xica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-4102\" style=\"margin: 20px;\" src=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Can-Education-Change-Society.jpg\" alt=\"Can Education Change Society?\" width=\"245\" height=\"368\" srcset=\"https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Can-Education-Change-Society.jpg 432w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Can-Education-Change-Society-200x300.jpg 200w\" sizes=\"auto, (max-width: 245px) 100vw, 245px\" \/>\u00c9 precisamente neste moi especial contexto que, desde finais dos setenta e princ\u00edpios dos oitenta, cobra unha import\u00e1ncia fundamental, e muy decisiva, o noso homenaxeado, <strong>Michael Whitman Apple<\/strong>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ffffff;\">.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">2. <em>O grande impacto e relevancia que foi acadando a sua abundante produci\u00f3n intelectual en libros, artigos de revistas, actas cient\u00edficas, e participaci\u00f3n en congresos, confer\u00e9ncias e semin\u00e1rios, desde a segunda metade da d\u00e9cada dos setenta at\u00e9 a actualidade \u00e9 algo que merece, cando menos, un acto como este<\/em>. E m\u00e1xime nunha universidade que daquela, ainda sendo un Col\u00e9xio Universit\u00e1rio dependendo da Universidade de Santiago de Compostela, ao ser un centro de menor tama\u00f1o, o profesorado goz\u00e1bamos de maior autonom\u00eda. A nosa universidade podemos contala como unha das instituci\u00f3ns pioneiras na introducci\u00f3n das suas obras. Un autor cuxas obras xa a principios dos oitenta tam\u00e9n traballaba o alumnado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Frente ao acriticismo intelectual das pedagox\u00edas oficialistas, as suas obras aparec\u00edan enormemente provocadoras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Michael W. Apple \u00e9 un intelectual, investigador e, porque non dici-lo, un gran amigo cunha historia persoal que condicionou os seus compromisos pol\u00edticos e intelectuais desde o seus comezos como docente. Li\u00f1a de conduta que contin\u00faa a manter, o que xa \u00e9 moi digno de suli\u00f1ar nunha traxectoria tan longa e rica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Michael W. Apple \u00e9 un \u00ab<em>red diaper baby<\/em>\u00ab, un \u00abbeb\u00e9 de berce e pa\u00f1al vermello\u00bb, como el mesmo se define nun dos seu \u00faltimos libros, <em>Can Education Change Society?<\/em> (2013). O seu ab\u00f3 foi un traballador e militante comunista nunha f\u00e1brica textil. \u00c9 fillo duna nai militante comunista e dun pai socialista, oriundos de Pol\u00f3nia, naquel momento Uni\u00f3n de Rep\u00fablicas Socialistas Sovi\u00e9ticas (URSS). Lembro unha an\u00e9cdota na sua casa en Madison, cando ao ensinarme un exemplar do Manifesto Comunista pertencente \u00e0 sua nai, sorr\u00edamos diante da dedicat\u00f3ria: \u00ab<em>este libro \u00e9 propiedade de<\/em> &#8230;\u00bb.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Membros da sua fam\u00edlia vi\u00f1eron a combatir na guerra civil espa\u00f1ola contra o fascismo, dentro das xenerosas Brigadas Internacionales. Da\u00ed a seleccion dos temas musicais neste acto. Entre as m\u00fasicas elexidas quixemos lembrar-lle alg\u00fan dos temas que a sua fam\u00edlia escuitaba e, seguro, que tamb\u00e9n cantaban. O resto dos temas te\u00f1en que ver con outro dos seus primeiros compromisos pol\u00edticos, neste caso como activista contra a Guerra do Vietnam.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">De neno cresceu nun bairro pobre afro-americano en Paterson, New Jersey. e desde moi cedo pasa a estar comprometido cos movimentos pol\u00edticos e sociais antirracistas e, l\u00f3xicamente co mundo do ensino.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Entre os seus primeiros traballos, ademais de ser empregado nunha imprensa, durante o Servizo Militar (que pese a aducir a sua condici\u00f3n de obxetor, non lle foi aceitada) ser\u00e1 nomeado profesor. \u00c9 as\u00ed como se inicia nesta profisi\u00f3n en Paterson, New Jersey. O seu activismo pol\u00edtico e pedag\u00f3xico fai-lle chegar a ser eleito Presidente dun Sindicato de Profesores e Profesoras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Seguidamente acede a un posgrao na Universidade de Columbia, e en 1970 concluie o seu doutoramento cunha tese de grande impacto: \u00ab<em>Relevance and Curriculum: a study in phenomenological sociology of knowledge<\/em>\u00ab. \u00c9 nese momento no que ademais de entrar en contacto coa obra de persoalidades de referencia mundial naqueles momentos, como Dwyner Hubner, Phenix, etc., asiste a aulas de grandes referentes da Escola de Frankfurt como, por exemplo, Herbert Marcuse, ou Hannah Arendt.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Finalizada a tese acede como docente \u00e0 Universidade de Wisconsin &#8211; Madison e inicia unha brillante, longa e prol\u00edfica carreira acad\u00e9mica, que continua na actualidade. Al\u00ed ocupa unha das c\u00e1tedras mais prestixiosas, a de <em>Professor John Bascom<\/em>, no departamento de <em>Curriculum and Instruction and Educational Policy Studies<\/em>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No Estado Espa\u00f1ol, case inmediatamente a publicaci\u00f3n (sempre da man das editoas mais prestixiosas) do seu seminal libro \u00ab<em>Ideology and Curriculum<\/em>\u00bb en 1979 (e que uns anos mais tarde en 1986 traduce a Editora Akal), chegaron exemplares a Espa\u00f1a. O seu impacto foi tal que un grande amigo, Mariano Fern\u00e1ndez Enguita, daquela profesor na Universidade Complutense, o convidou en 1981 a impartir ao longo dunha semana un seminario. Foi naquel espazo onde por primeira vez entramos en contacto persoal, e partir da\u00ed se foi construindo e reforzando a nosa amizade e un fructifero di\u00e1logo, ao menos para quen agora lles fala. Pese ao que un imaxinar\u00eda, que acudir\u00eda tanta xente que non haberia espacio, a realidade foi ben outra, ainda era un grande desco\u00f1ecido aqu\u00ed. Un seminario que contou con poucas persoas mais que foi de grande impacto e relev\u00e1ncia para toda unha nova xeraci\u00f3n de docentes ansiosos por saber, por co\u00f1ecer.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na sua obra, continuaba mais con modificaci\u00f3ns moi sustanciosas a li\u00f1a de pensamento que uns anos antes, en 1971, se iniciara no Reino Unido co libro que compilara Michael F. D. Young, <em>Knowledge and Control<\/em>, Obra que daria orixe ao que se co\u00f1eceu como a \u00ab<em>Nova Sociolox\u00eda da Educaci\u00f3n<\/em>\u00ab. Tratr\u00e1ba-se dun conxunto de textos de enorme trascendencia para o mundo da educaci\u00f3n; neles se denunciaban con moi s\u00f3lidos argumentos os modos como operaba a desigualdade de oportunidades no aceso \u00e0 educaci\u00f3n e, o que era mais importante, de que modo se produc\u00eda e manifestaba no dia a dia da escolarizaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Frente ao marxismo mais ortodoxo, o neomarxismo, aparece con enormes potencialidades para aprofundar na an\u00e1lise da educaci\u00f3n e dos sistemas educativos. Unha da voces m\u00e1is pronto convertidas en referenia e fonte de autoridade mundial nesta li\u00f1a de traballo \u00e9 Michael W. Apple. Ele contribue con grande rigor a desenvolver en esta li\u00f1a de investigaci\u00f3n e an\u00e1lise. Incorpora con gran lucidez e oportunidade o pensamento de Antonio Gramsci e doutro dos autores que constantemente revisita, Raymond Williams. Son referentes cos que fai unhas an\u00e1lises que nos daban muita luz para entender e cortocircuitar as pesimistas teor\u00edas da reproduci\u00f3n do marxismo economicista m\u00e1is ortodoxo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O conceito gramsciano de hexemon\u00eda posto en xogo nas investigaci\u00f3ns educativas oferec\u00eda enormes posibilidades, que ainda te\u00f1en completo valor na actualidade. Aqu\u00ed aprendimos, muitos de nos, a ver conexions entre intereses de colectivos pol\u00edticos e das clases sociais m\u00e1is privilexiadas cos curriculos que veiculizaban a cultura relevante que o sistema educativo trataba de ofecerecer como a \u00ab\u00fanica\u00bb e lex\u00edtima \u00e0s novas xeraci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O seu seguinte libro de enorme impacto, <em>Education and Power<\/em>, en 1982, e que uns anos mais tarde, en 1987, traduce a castel\u00e1n a editora Paid\u00f3s, segue a aprofundar nesa mesma li\u00f1a de investigaci\u00f3n: a problematizaci\u00f3n do co\u00f1ecemento presentado como socialmente valioso, e co que a escola traballa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na seguinte das suas obras \u00ab<em>Teachers and Texts<\/em>\u00ab, en 1986, (tam\u00e9n en castel\u00e1n: \u00ab<em>Maestros y textos: una econom\u00eda pol\u00edtica de las relaciones de clase y g\u00e9nero en educaci\u00f3n<\/em>\u00ab. Paid\u00f3s, 1993) matizan muito mais este sacar a luz a qu\u00e9n pertence ese co\u00f1ecemento escolar que vehiculan os libros de texto: a quen sil\u00e9ncia, qu\u00e9 relaci\u00f3ns se establecen entre este co\u00f1ecimento e os poderes econ\u00f3micos e pol\u00edticos dominantes; que empresas est\u00e1n detr\u00e1s dos libros de texto. E \u00e9 por iso que nestas obras tam\u00e9n se presta muita mais atenci\u00f3n non s\u00f3 \u00e0s dimensi\u00f3ns de clase social, senon tam\u00e9n de x\u00e9nero e raza que at\u00e9 ese momento non ocupan a necesaria atenci\u00f3n por parte da investigaci\u00f3n educativa realizada por outras autoras e autores.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E ser\u00e1 a partir de <em>Official Knowlegde<\/em>, en 1993, (<em>El conocimiento oficial<\/em>. Paid\u00f3s, 1996) e con <em>Cultural Politics and Education<\/em>, en 1996 (<em>Pol\u00edtica cultural y educaci\u00f3n<\/em>. Morata, 1996), que as denuncias contra as pol\u00edticas conservadoras e neoliberais afloran con maior contendencia; sacando \u00e0 luz as poderosas estrat\u00e9xias de controle do \u00abcurriculum oficial\u00bb, o Curr\u00edculum Nacional lexislado, que os gobernos de Margaret Thatcher, no Reino Unido, e Ronald Reagan, nos EEUU, estaban por primeira vez na hist\u00f3ria a converter en obrigat\u00f3rio e, deste modo contribuir a conformar un novo pensamento hexem\u00f3nico neoliberal nas mentalidades das novas xeraci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A medida que os procesos de globalizaci\u00f3n neoliberal se acrecentaban, os traballos e libros de Michael W. Apple ian sempre axudando a desvelar como esta terr\u00edbel ideolox\u00eda penetraba tam\u00e9n nas pol\u00edticas educativas. A trav\u00e9s das suas investigaci\u00f3ns podemos ver as alianzas que estabelecen os grupos mais poderosos econ\u00f3mica e ideol\u00f3xicamente; e de que formas as medidas de pol\u00edtica educativa que pactan e que se traducen nas lexislaci\u00f3ns e normas que impo\u00f1en, van contribuindo a sesgar e reorientar as finalidades dos sistemas e n\u00edveis educativos; e como sentan as bases para acelerar os procesos de mercantilizaci\u00f3n tam\u00e9n nesta esfera da sociedade. Proceos que, por desgraza, no noso contexto se est\u00e1n a acelerar con muita celeridade. Traballos como \u00ab<em>Educating the &#8216;Right&#8217; Way<\/em>\u00bb (2001) (\u00ab<em>Educar como Dios manda: mercados, est\u00e1ndares, religi\u00f3n y desigualdad<\/em>\u00ab. Paid\u00f3s 2002) levan un t\u00edtulo que deixa ver con claridade o seu contenido. Obra no que se aprofundiza nos modos en que operan na pr\u00e1ctica as actuais pol\u00edticas educativas neoliberais e neoconservadoras que os gobernos impo\u00f1en para as instituci\u00f3nes escolares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais Michael W. Apple tam\u00e9n soubo desde os primeiros momentos estar atento \u00e0s resistencias que as clases populares e colectivos docente e profisionais \u00edan manifestando. Presta muita atenci\u00f3n \u00e0s novas potencialidades e mundo de posibilidades que se inciaban coa aparici\u00f3n dos movimentos de mundializaci\u00f3n que est\u00e1n a luitar por outro mundo alternativo, mais democr\u00e1tico, xusto e solidario. Segue moi de perto a aparici\u00f3n do Foro Social Mundial no Brasil e desde ese momento trata de aportar tam\u00e9n todo o seu apoio e colaboraci\u00f3n. Pois outra das facetas que acent\u00faa ao principio da d\u00e9cada dos noventa \u00e9 a de tratar de fazer muito mais vis\u00edbeis alternativas educativas que se estaban levando \u00e0 pr\u00e1ctica, mais dun modo demasiado silencioso, dada a importancia destas iniciativas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un libro que abriu e marcou unha moi rica via de traballo na contribuci\u00f3n \u00e0 visibilizaci\u00f3n destas iniciativas \u00e9 o de \u00ab<em>Escolas Democr\u00e1ticas<\/em>\u00bb de 1995, e con muitas reedici\u00f3ns. Foi todo un bombazo no mercado editorial. Non somente contou con edici\u00f3ns en castel\u00e1n, da man de Ediciones Morata, senon que foi traducido aos principais idiomas do mundo. Debe ser raro o lugar a onde esta obra non te\u00f1a chegado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-4057 alignright\" style=\"margin: 20px;\" src=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Volver-a-pensar-I-731x1024.jpg\" alt=\"Volver a pensar-I\" width=\"233\" height=\"326\" srcset=\"https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Volver-a-pensar-I-731x1024.jpg 731w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Volver-a-pensar-I-214x300.jpg 214w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Volver-a-pensar-I.jpg 1330w\" sizes=\"auto, (max-width: 233px) 100vw, 233px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Michael W. Apple vai a manter desde os seus inicios como profesor un n\u00edtido compromiso de apoio militante a todos os colectivos que sufren calquer tipo de inxustiza, mais tam\u00e9n con povos e colectivos sociais de pa\u00edses do resto do planeta que est\u00e1n a sofrir persecuci\u00f3n ou soportando inxustizas e todo tipo de opresi\u00f3ns: pol\u00edticas, econ\u00f3micas, sociais, de x\u00e9nero, de etnia, &#8230; e, xa que logo, tam\u00e9n as educativas. Solidariedade e apoio que podemos constatar con s\u00f3 votar una lixeira ollada \u00e0 sua axenda. Continuamente est\u00e1 a viaxar a moi distintos pa\u00edses e continentes, e sempre disposto a axudar, escuitar, debater e colaborar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Foi as\u00ed que logramos a sua importante colaboraci\u00f3n para impartir a conferencia de clausura do <em>I Congreso Internacional de Didactica \u00abVolver a pensar a educaci\u00f3n\u00bb,<\/em> que organizamos desde esta universidade e a colaboraci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Paideia. Un moi importante evento celebrado no rec\u00e9n estreado Palacio da \u00d3pera da Coru\u00f1a, con arredor de 60 ponentes extranxeiros de primeira li\u00f1a e outro n\u00famero semellante de profesoras e profesores das universidades do Estado Espa\u00f1ol, das \u00e1rea de filosof\u00eda, sociolox\u00eda e pedagox\u00eda. Congreso con mais de 900 personas asistentes. Os dous volumes cos textos das ponencias, que editou Ediciones Morata, son unha mostra permanente do traballo que neste congreso se desenvolveu. Con posterioridade voltou uns anos mais tardes a impartir un seminario e unha conferencia na nosa universidade e con bastante asiduidade nos atopamos con \u00e9l en congresos, seminarios, ciclos de conferencias en numerosas ciudades do Estado Espa\u00f1ol.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A sua inxente produci\u00f3n intelectual, con muitas das suas obras traducidas a m\u00faltiples idiomas e divulgadas en todos os continentes, fan que continuamente sexa convidado a impartir cursos, confer\u00e9ncias, e a participar en numerosas universidades de todo o mundo, como conferenciante principal en congresos e seminarios internacionais e, asimesmo, recebir numerosas e moi prestixiosas distinci\u00f3ns. A t\u00edtulo de exemplo, pois esgotar\u00edamos muito tempo lendo o seu curr\u00edculum, podemos salientar os seguintes Doutorados Honoris Causa por instituci\u00f3ns tan prestixiosas como a<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 60px;\">* Universidade de Londres, Instituto de Educaci\u00f3n;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 60px;\">* A Universidade McGill no Canad\u00e1;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 60px;\">* Universidade de California (UCLA), nos \u00c1ngeles;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 60px;\">* Universidade de Rosario, na Arxentina;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 60px;\">* Universidade de La Pampa, na Arxentina;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 60px;\">As\u00ed como noutras prestixiosas universidades en China ou en Australia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En s\u00edntese, \u00e9 un dos investigadores fundamentais do movimento que se ven denominando como \u00ab<em>pedagoxia cr\u00edtica<\/em>\u00ab. Nas suas obras podemos atopar s\u00f3lidos argumentos para axudar-nos a facer frente ao actual maremoto que est\u00e1 a provocar o neoliberalismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Michael W. Apple foi nomeado un dos 50 autores m\u00e1is influentes en educaci\u00f3n no s\u00e9culo XX. E o seu libro <em>Official Knowledge<\/em> foi seleccionado como un dos libros m\u00e1is importantes do s\u00e9culo XX nas Ciencias Sociais, segundo a <em>International Sociology Association<\/em>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E, persoalmente ainda matizo mais. Si, sinceiramente tive-se que elexir as dez personas que para min ser\u00edan as principais persoalidades do pensamento educativo do s\u00e9culo XX, hai dous nomes sobre os que non teria ni a menor d\u00favida: John Dewey e Michael W. Apple.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nestos d\u00edas a biblioteca da facultade de Ciencias da Educaci\u00f3n ten unha exposici\u00f3n con obras suas que hai no seu fondo bibliogr\u00e1fico e podo dicer-lles que anda no meio centenar de libros, sen contar o grande n\u00famero de artigos de revista que tam\u00e9n poseemos a disposici\u00f3n da comunidade universitaria.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En consecuencia, diante da reducida exposici\u00f3n a que motivos de tempo obriga esta presentaci\u00f3n, penso que o Doutor Michael W. Apple \u00e9 merecente do Doutorado Honoris Causa pola Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Muitas grazas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #ffffff;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-4094 alignnone\" src=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Mike-e-eu.jpg\" alt=\"Mike e eu\" width=\"558\" height=\"518\" srcset=\"https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Mike-e-eu.jpg 848w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/Mike-e-eu-300x278.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 558px) 100vw, 558px\" \/>c.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #ffffff;\">*..<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"color: #ffffff;\">***<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #ffffff;\"> ***<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>.\u00a0 A Universidade da Coru\u00f1a investiu\u00a0co grao Doutor Honoris Causa ao profesor\u00a0Michael W. Apple o d\u00eda\u00a016 de marzo de 2015. &nbsp; &nbsp; Laudatio a Michael W. Apple . Jurjo Torres Santom\u00e9 . Universidade da Coru\u00f1a .\u00a0 Universidade da Coru\u00f1a\u00a0 Universidade da Coru\u00f1a Reitor Magn\u00edfico, Vicerreitoras e Vicerreitores, Autoridades, Profesoras, Profesores, Estudantes, Persoal de Admnistraci\u00f3n e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6],"tags":[163,84,162,100,115],"class_list":["post-4026","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-educacion","tag-filosofia-de-la-educacion","tag-historia-de-la-educacion","tag-michael-w-apple","tag-politicas-educativas","tag-sociologia-de-la-educacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4026","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4026"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4026\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4107,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4026\/revisions\/4107"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4026"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4026"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4026"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}