{"id":1523,"date":"2013-07-26T22:40:25","date_gmt":"2013-07-27T00:40:25","guid":{"rendered":"http:\/\/jurjotorres.com\/?p=1523"},"modified":"2013-08-02T06:58:19","modified_gmt":"2013-08-02T08:58:19","slug":"%ef%bf%bc%ef%bf%bc%ef%bf%bco-ensino-en-sociedades-educadoras-vertebrar-a-actividade-escolar-e-extraescolar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/jurjotorres.com\/?p=1523","title":{"rendered":"O ensino en sociedades educadoras. Vertebrar a actividade escolar e extraescolar"},"content":{"rendered":"<h2 align=\"center\"><span style=\"color: #339966;\"><b>O ensino en sociedades educadoras<\/b><b> <\/b><\/span><\/h2>\n<h2 align=\"center\"><span style=\"color: #339966;\"><b>Vertebrar a actividade escolar e extraescolar<\/b><\/span><\/h2>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3 style=\"text-align: right;\"><span style=\"color: #0000ff;\"><b>Jurjo Torres Santom\u00e9<\/b><\/span><\/h3>\n<h3 style=\"text-align: right;\"><strong>Eduga<\/strong>. Revista Galega do Ensino<strong>, n\u00ba 55 (Xaneiro &#8211; Abril, 2009) p\u00e1xs.\u00a015 &#8211; 20<a href=\"http:\/\/www.edu.xunta.es\/ftpserver\/portal\/DXPL\/revistagalega\/rge55\/Edu55.htm\" target=\"_blank\"><br \/>\n<\/a><\/strong><\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Eduga-n\u00ba-55.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft  wp-image-1529\" style=\"margin-left: 20px; margin-right: 20px;\" alt=\"Eduga n\u00ba 55\" src=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Eduga-n\u00ba-55-665x1024.jpg\" width=\"195\" height=\"301\" srcset=\"https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Eduga-n\u00ba-55-665x1024.jpg 665w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Eduga-n\u00ba-55-195x300.jpg 195w\" sizes=\"auto, (max-width: 195px) 100vw, 195px\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #ff6600;\"><em>Os procesos de globalizaci\u00f3n af\u00e9ctanlles tam\u00e9n \u00e1s instituci\u00f3ns escolares. A medida que o mundo se converte nunha aldea global, os espazos con contornos moi marcados, con funci\u00f3ns exclusivas, pres\u00e9ntanse cada vez m\u00e1is desapropiados. Unha palabra ten na actualidade un grande potencial explicativo e de acci\u00f3n: redes. Unha sociedade rede \u00e9 unha estrutura na que as s\u00faas instituci\u00f3ns e asociaci\u00f3ns funcionan de modo flexible para adecuarse a unha sociedade con diferentes horarios, espazos e ofertas para id\u00e9nticas tarefas; na que xa non \u00e9 imprescindible estar facendo sempre o mesmo, con similares recursos, \u00e1s mesmas horas e nos mesmos d\u00edas e espazos.<\/em><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><b>Palabras clave<\/b>: Cidade educadora, proxecto comunitario, democratizaci\u00f3n escolar, redes educativas, participaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A constante e crecente aparici\u00f3n de novas instituci\u00f3ns e instancias preocupadas pola educaci\u00f3n, xunto coas enormes posibilidades das novas tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n e da comunicaci\u00f3n, est\u00e1n dando lugar a unha maior oferta formativa debido \u00e1 importancia que se lle concede ao co\u00f1ecemento. Esta oferta funciona tam\u00e9n como est\u00edmulo para favorecer unha presi\u00f3n social da cidadan\u00eda cada vez m\u00e1is importante por mellorar as s\u00faas condici\u00f3ns de vida, o seu nivel econ\u00f3mico e cultural. Polo tanto, estas caracter\u00edsticas do presente, cada d\u00eda m\u00e1is visibles, obr\u00edgannos a unha meirande coordinaci\u00f3n e aproveitamento das instituci\u00f3ns e dos recursos formativos dispo\u00f1ibles.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A actual crise econ\u00f3mica mundial \u00e9 un bo momento para repensar cara a que tipo de sociedades nos encami\u00f1amos, dado o enorme e autoritario poder das grandes corporaci\u00f3ns econ\u00f3micas e a ausencia de regulaci\u00f3ns pol\u00edticas sobre os seus modos de operar. Algo que se veu favorecendo por parte das pol\u00edticas de debilitaci\u00f3n da cidadan\u00eda, e dos impedimentos e trabas que decote se ve\u00f1en erixindo para dificultarlles a an\u00e1lise e as avaliaci\u00f3ns do que ocorre. Todas as organizaci\u00f3ns sociais e comunitarias nas \u00faltimas d\u00e9cadas foron obxecto de tal cantidade de ataques que remataron completamente debilitadas; ao tempo que converteron en sospeitosas as persoas que adoitan preocuparse das dimensi\u00f3ns do p\u00fablico. Esgaz\u00e1ronse os lazos comunitarios, pero arestora comezamos a ver con claridade que s\u00f3 recuperando o valor das instituci\u00f3ns comunitarias, reforzando o sentido da cidadan\u00eda democr\u00e1tica, responsable e solidaria, ou, o que \u00e9 o mesmo, recuperando o verdadeiro valor e significado da pol\u00edtica podemos sa\u00edr desta crise. Sa\u00edda que debe ir guiada por un obxectivo prioritario: transformar o mundo, as s\u00faas instituci\u00f3ns e os seus modos de funcionamento escurantista para levantar sociedades m\u00e1is xustas, democr\u00e1ticas e vertebradas, nas que a cidadan\u00eda recupere a s\u00faa raz\u00f3n de ser; ou sexa, o seu rol para decidir e controlar como debe ser a vida comunitaria.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste marco de crise, as sociedades precisan importantes transformaci\u00f3ns e, daquela, os sistemas educativos vense obrigados a repensar asemade a misi\u00f3n que deben desempe\u00f1ar nesta nova era. A nosa cidadan\u00eda cada vez ten niveis culturais e de formaci\u00f3n m\u00e1is altos; o que explica que decontino a nosa sociedade lle formule novas e urxentes esixencias ao sistema educativo. Esta cidadan\u00eda m\u00e1is culta pos\u00fae, en consecuencia, maior capacidade para ver con m\u00e1is obxectividade o papel que as instituci\u00f3ns educativas, formais e informais, poden e deber\u00edan desenvolver.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nas novas sociedades do co\u00f1ecemento e <i>informacionai<\/i><i>s<\/i>, a educaci\u00f3n e o acceso ao co\u00f1ecemento adquiren unha enorme importancia; o que leva consigo que m\u00e1is ollos se dediquen a observar o traballo que levan a cabo as instituci\u00f3ns escolares. Familias, colectivos veci\u00f1ais, empresariais, organizaci\u00f3ns non gobernamentais, partidos pol\u00edticos, asociaci\u00f3ns comunitarias, ademais de organizaci\u00f3ns mundiais (OCDE, FMI, Banco Mundial, Uni\u00f3n Europea, &#8230;) incl\u00faen nas s\u00faas axendas recomendaci\u00f3ns, propostas e esixencias para o sistema escolar actual.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por outra parte, numerosas redes compiten xa coas instituci\u00f3ns escolares nos obxectivos de educar, formar e, por suposto, de axudar a ver e a entender o mundo segundo os intereses e saberes de quen as mant\u00e9n e apoia; conque, tampouco debemos perder de vista que algunhas desas redes te\u00f1en como meta adoutrinar, m\u00e1is que educar; atraer adeptos e fieis \u00e1s s\u00faas causas, unhas nobres e outras non tanto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste novo contexto, o traballo das instituci\u00f3ns docentes para fornecer informaci\u00f3n de maneira accesible a cada persoa en funci\u00f3n da s\u00faa idade, nivel de desenvolvemento, co\u00f1ecementos previos e horarios particulares, est\u00e1 a disputarllo outro tipo de redes e tecnolox\u00edas da comunicaci\u00f3n. Canles de televisi\u00f3n especializadas en divulgaci\u00f3n cient\u00edfica, cultural e tecnol\u00f3xica (Discovery Channel, The Science Channel, Natura, Odisea, Animal Planet, Cultura, National Geographic Channel, Historia, Viaxar, Mezzo, People+Arts, &#8230;), innumerables enderezos electr\u00f3nicos en Internet, numerosas revistas de divulgaci\u00f3n, CD-ROMs, DVDs, cursos de actualizaci\u00f3n e de formaci\u00f3n continua (promovidos por organizaci\u00f3ns non gobernamentais, sindicatos, medios de comunicaci\u00f3n, empresas, etc.), centros de extensi\u00f3n cultural, aulas da natureza, centros de interpretaci\u00f3n industrial, centros de interpretaci\u00f3n do patrimonio cultural (de arquitectura, de xacementos arqueol\u00f3xicos, de minar\u00edas, de patrimonio rural, de salinas, etc.), aulas do mar, museos cient\u00edficos especializados, xard\u00edns bot\u00e1nicos, parques tem\u00e1ticos, zool\u00f3xicos, ludotecas, bibliotecas, filmotecas, mediatecas, galer\u00edas de arte, concertos did\u00e1cticos, etc., compiten, e farano a\u00ednda m\u00e1is, co traballo que se lle v\u00e9n asignando ao colectivo docente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Apostar por unha maior vertebraci\u00f3n da sociedade, desenvolver un esp\u00edrito m\u00e1is solidario entre o actual alumnado e entre xeraci\u00f3ns, esixen coordinar de maneira m\u00e1is eficiente os recursos dispo\u00f1ibles na comunidade. A esta altura, os centros escolares non poden ser obxecto exclusivo de preocupaci\u00f3n e, xa que logo, de participaci\u00f3n de familias e profesorado. C\u00f3mpre recuperar un colectivo perdido ou esquecido, os veci\u00f1os e veci\u00f1as. Do contrario, asumiremos que os fillos e fillas son \u201cposesi\u00f3n\u201d das familias, e a\u00ednda non son cidad\u00e1ns e cidad\u00e1s; de a\u00ed a err\u00f3nea concepci\u00f3n de que o resto da cidadan\u00eda non debe preocuparse pola educaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><b>Centros en rede<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En momentos coma os actuais, nos que as pol\u00edticas permiten ou, dependendo da ideolox\u00eda do partido que goberna, mesmo estimulan procesos de escolarizaci\u00f3n segregados, conv\u00e9rtense en imposibles as metas de xustiza social coas que se debe organizar e guiar o sistema educativo; en particular, o obxectivo de contribu\u00edr a unha sociedade m\u00e1is igualitaria e xusta; de colaborar na vertebraci\u00f3n de grupos sociais que viven uns de costas aos outros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Metas semellantes obrigan as instituci\u00f3ns escolares a crear ou a integrarse noutras redes culturais e formativas de maior amplitude. Unha rede educativa m\u00e1is comunitaria debe estar constitu\u00edda polos centros educativos dunha determinada zona, polo conxunto de profesionais que traballan na planificaci\u00f3n e posta en pr\u00e1ctica das actividades extraescolares, as\u00ed como por representantes das asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais, do concello, dos distintos centros e instituci\u00f3ns culturais da cidade, de partidos pol\u00edticos, ONGs, etc. O traballo deste equipo posibilitar\u00eda realmente que fose m\u00e1is factible a coordinaci\u00f3n de acci\u00f3ns de formaci\u00f3n m\u00e1is reguladas c\u00f3 resto das actividades que programa e leva a cabo esoutra rede non escolar f\u00f3ra dos horarios escolares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha oferta de actividades extraescolares planificada en conxunto polo profesorado e os profesionais desa rede de instituci\u00f3ns sociais e culturais preocupadas pola formaci\u00f3n e a educaci\u00f3n da cidadan\u00eda axudar\u00eda, as\u00ed mesmo, a facilitar procesos de socializaci\u00f3n interidade do alumnado e interxeracionais. Conv\u00e9n ter presente que os modelos de agrupamento por idade non favorecen o feito de aprender a traballar, a cooperar e a divertirse con persoas doutras idades e con niveis culturais diferentes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con esta filosof\u00eda de fondo, a educaci\u00f3n p\u00f3dese beneficiar doutras moitas partidas econ\u00f3micas p\u00fablicas e, mesmo, privadas; pero para iso \u00e9 necesario que os centros e as autoridades educativas lle fagan ver \u00e1 comunidade a s\u00faa dispo\u00f1ibilidade para compartir os recursos propios dos centros nos d\u00edas e horas en que non levan a cabo actividades lectivas. Recursos materiais, espazos f\u00edsicos e unha importante rede de profesionais especializados en \u00e1mbitos diferentes coordinar\u00edan os seus esforzos para mostrarlles \u00e1s novas xeraci\u00f3ns de estudantes unha oferta educativa m\u00e1is relevante, significativa e eficaz, de maior actualidade, e axeitada \u00e1s caracter\u00edsticas de cada grupo estudantil.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha comunidade educativa m\u00e1is ampla e democr\u00e1tica ser\u00eda o mellor remedio para, por unha parte, airear os centros, vinculalos m\u00e1is co contorno e, por outra, desarrefecer a vida comunitaria. O ensino e a aprendizaxe ser\u00edan m\u00e1is relevantes e significativos e, en consecuencia, o alumnado ver\u00eda que as instituci\u00f3ns escolares lle serven de enorme axuda para co\u00f1ecer e entender o seu propio contorno, outros lugares m\u00e1is afastados, o mundo e a vida neste planeta cada vez m\u00e1is globalizado e, por conseguinte, interdependente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As instituci\u00f3ns escolares son un dos espazos m\u00e1is privilexiados para aprender o verdadeiro significado do que \u00e9 a democracia; unha valiosa ponte que axuda a comprender, dun modo m\u00e1is reflexivo e ao mesmo tempo pr\u00e1ctico, o verdadeiro significado e funci\u00f3ns da cidadan\u00eda nun pa\u00eds democr\u00e1tico. Os colexios, institutos e centros de formaci\u00f3n profesional poden desempe\u00f1ar un rol decisivo na formaci\u00f3n e desenvolvemento dunha cidadan\u00eda m\u00e1is aberta, democr\u00e1tica e solidaria na medida en que aposten por unha meirande vertebraci\u00f3n do ensino e a aprendizaxe formal e non formal; entre as actividades que debe levar a termo o alumnado no centro e as realizadas noutras instituci\u00f3ns formativas e culturais en m\u00f3dulos horarios f\u00f3ra do horario escolar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Vincular activamente os centros escolares con outras instituci\u00f3ns sociais e culturais e coas asociaci\u00f3ns cidad\u00e1s, posibilita encarar cr\u00edticas, a mi\u00fado infundadas, dunha certa \u201cprivatizaci\u00f3n\u201d dos centros de ensino p\u00fablico por parte do profesorado; contrib\u00fae a reforzar e, se \u00e9 o caso, tam\u00e9n a devolver \u00e1 comunidade a <i>sensaci\u00f3n<\/i> de que os centros escolares non son nin propiedade do profesorado, nin das familias, sen\u00f3n da comunidade. As\u00ed pois, as instituci\u00f3ns escolares son espazos que debemos coidar e polos que todos debemos preocuparnos. Tratar\u00edase de pensar, de novo e democraticamente, as funci\u00f3ns do p\u00fablico nun mundo no que as pol\u00edticas dominantes de corte neoliberal est\u00e1n axudando a conformar entre a cidadan\u00eda un perigos\u00edsimo e falso \u201csentido com\u00fan\u201d de que o privado \u00e9 mellor e m\u00e1is eficiente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A democratizaci\u00f3n dos espazos p\u00fablicos, da vida p\u00fablica, ten un importante soporte no modelo das \u201c<i>cidades educadoras<\/i>\u201d. Unha cidadan\u00eda que volve apropiarse de novo da cidade e crear, planificar, xestionar, avaliar e desenvolver un proxecto elaborado democraticamente pola comunidade, dirixido a perfeccionar un modelo democr\u00e1tico de cidade. Unha planificaci\u00f3n comunitaria da vida, na que as persoas deixan de ser un n\u00famero nun censo, para pasar a ser conscientes do seu papel decisivo como axentes activos da transformaci\u00f3n da vida na cidade; volven comportarse como cidad\u00e1s e cidad\u00e1ns responsables, respectuosos e membros solidarios nunha comunidade cada vez m\u00e1is aberta, multicultural, democr\u00e1tica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O compromiso con pol\u00edticas de igualdade de oportunidades, de equidade, de aposta por unha maior cohesi\u00f3n social e inserci\u00f3n na comunidade, de loita contra as discriminaci\u00f3ns, entre outras medidas, precisa un maior compromiso comunitario por parte das instituci\u00f3ns educativas. Con esta filosof\u00eda de base tam\u00e9n as familias sen formaci\u00f3n e sen recursos econ\u00f3micos, cun baixo nivel cultural, poden sentirse membros da comunidade con maior facilidade e, daquela, axudados por esta. Un traballo educativo e pol\u00edtico nesta direcci\u00f3n ser\u00eda, as\u00ed mesmo, un importante contrapeso para unha sociedade cunha tendencia cada vez maior a organizarse por clases sociais en \u201c<i>barrios b\u00fanker<\/i>\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><b>Recursos educativos da comunidade<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Repensar todas as posibilidades do contorno e, por tanto, das instituci\u00f3ns escolares como recursos e apoios educativos da comunidade, \u00e9 unha forma de contribu\u00edr a sacarlle moita substancia a unha ampla variedade de organizaci\u00f3ns e medios culturais, cuxa utilizaci\u00f3n adoitaba estar tradicionalmente condicionada, de modo especial, pola clase social e a etnia das familias do alumnado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A comunidade poder\u00eda beneficiarse, entre outros, dos seguintes recursos:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; Na medida en que os centros escolares forman parte do patrimonio p\u00fablico, \u00e9 de xustiza que as persoas da barriada ou da vila onde est\u00e1n situados poidan acceder ao conxunto de recursos destas instituci\u00f3ns que, f\u00f3ra do calendario e horario escolares, non est\u00e1n sendo utilizados por ningu\u00e9n: patios de recreo, bibliotecas escolares, aulas de inform\u00e1tica, etc.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; Os museos cient\u00edficos tam\u00e9n poder\u00edan facer moito m\u00e1is rendibles os seus recursos e realizar unha programaci\u00f3n m\u00e1is formativa. Ser\u00eda unha boa maneira de evitar a infrautilizaci\u00f3n das importantes exposici\u00f3ns e programas que efect\u00faan estes museos, como ocorre adoito. Non podemos pechar os ollos ante situaci\u00f3ns nas que un mont\u00f3n de rapaces e rapazas se levan al\u00ed sen maior motivaci\u00f3n que a de sa\u00edr da aula, e sabendo que aquilo que van ver nese espazo formativo non conta para os controis de avaliaci\u00f3n escolar e que, por conseguinte, d\u00e1 igual prestarlle atenci\u00f3n ao que al\u00ed hai ou non prestarlla.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; As escolas de idiomas, incorpor\u00e1ndose a esta mesma din\u00e1mica, facilitar\u00edanlles aos centros e \u00e1 comunidade, en xeral, o acceso a uns recursos did\u00e1cticos de enorme valor pedag\u00f3xico como son as s\u00faas bibliotecas e mediateca. Esta facilidade de acceso ten unha grande importancia, dado que as sociedades actuais son cada d\u00eda m\u00e1is multiculturais e multiling\u00fc\u00edsticas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; As escolas de m\u00fasica e os conservatorios, continuando con esta filosof\u00eda, far\u00edan moito m\u00e1is rendibles as s\u00faas discotecas, bibliotecas e, mesmo, os instrumentos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; As escolas de artes e oficios, poder\u00edan sumarse outros\u00ed con aqueles talleres menos custosos e delicados, e tam\u00e9n as universidades coas s\u00faas ben dotadas bibliotecas especializadas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; O Ministerio e a Conseller\u00eda de Cultura deber\u00edan incrementar, as\u00ed mesmo, os acordos cos centros escolares para inclu\u00edlos nas partidas orzamentarias destinadas \u00e1s bibliotecas. As redes de bibliotecas aumentar\u00edan notablemente a s\u00faa oferta na medida en que as dos centros escolares pasasen a ter un maior grao de coordinaci\u00f3n coas bibliotecas p\u00fablicas e coa rede de bibliobuses. Esta cooperaci\u00f3n entre bibliotecas permitir\u00edalle ao profesorado prestar unha valiosa axuda na selecci\u00f3n de obras que se adquirisen para ambas as d\u00faas redes, p\u00fablicas e escolares; pola s\u00faa banda, o colectivo de profesionais especialistas en documentaci\u00f3n colaborar\u00eda co profesorado \u00e1 hora de catalogar, ordenar e ofrecer alternativas que mellorasen o acceso dos docentes e do alumnado \u00e1 informaci\u00f3n dispo\u00f1ible.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; Parques e xard\u00edns p\u00fablicos, cemiterios, igrexas&#8230; deben recuperarse como espazos para recrear a historia local comunitaria. No caso dos parques e xard\u00edns acelerar\u00edase, ademais, o seu dese\u00f1o como espazos de interacci\u00f3n comunitaria nos que rapaces e mozas se sentir\u00edan seguros e atendidos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 30px;\">&#8211; A programaci\u00f3n cultural dos concellos para cada semana ou mes, ao igual que a celebraci\u00f3n das festas locais, ver\u00edase moi enriquecida, porque xa non ser\u00eda s\u00f3 o concello quen detectase ou suxerise obxectivos e recursos formativos e culturais; sen\u00f3n que estes ser\u00edan resultado de decisi\u00f3ns comunitarias, de estruturas m\u00e1is participativas e democr\u00e1ticas. Contando con representantes dos centros escolares poder\u00edanse levar a cabo mellores programaci\u00f3ns que deber\u00edan ser tam\u00e9n \u00fatiles para valorizar os proxectos educativos dos centros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Traballando con este pano de fondo, a educaci\u00f3n recupera dimensi\u00f3ns claramente pol\u00edticas que, debido \u00e1 notable burocracia que v\u00e9n dominando a vida coti\u00e1 dos centros escolares, non reciben a merecida atenci\u00f3n. Tanto o profesorado como os partidos pol\u00edticos, sindicatos, ONGs e organizaci\u00f3ns sociais saben que nas instituci\u00f3ns educativas se forma o sentido com\u00fan, se constr\u00faen e se reconstr\u00faen as concepci\u00f3ns hexem\u00f3nicas. Non obstante, uns centros m\u00e1is vertebrados coa comunidade poden ser tam\u00e9n espazos de configuraci\u00f3n de novos ideais e de convencemento da cidadan\u00eda para traballar a prol de modelos alternativos de sociedade m\u00e1is xustos e democr\u00e1ticos. As instituci\u00f3ns escolares son lugares privilexiados para imaxinar, analizar reflexivamente e esforzarse por outras posibilidades e modelos de sociedade m\u00e1is humanos e xustos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No marco dunha \u201c<i>cidade educadora<\/i>\u201d, o profesorado ten unhas oportunidades enormes para repensar os seus proxectos curriculares de aula e de centro. Isto obriga a traballar en equipo, tanto nos departamentos como entre os departamentos; a promover unha maior comunicaci\u00f3n e colaboraci\u00f3n con outros centros e instituci\u00f3ns da comunidade (museos, bibliotecas, orquestras, asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais, ONGs, partidos pol\u00edticos, sindicatos, &#8230;) \u00e1s que, \u00e1 parte, co\u00f1ecer\u00e1 mellor e poder\u00e1 achegar os seus co\u00f1ecementos e experiencias, e inclusive, implicarse nelas m\u00e1is activa e criticamente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Introducir un enfoque comunitario dentro da educaci\u00f3n formal contribuir\u00eda a reducir de xeito significativo o fracaso escolar e os problemas de adaptaci\u00f3n de certos colectivos estudant\u00eds. Deste modo, cada estudante ver\u00eda que toda a comunidade o axuda e atende. Non esquezamos que o fracaso escolar \u00e9 un fracaso de toda a comunidade; significa que non se soubo educar e encami\u00f1ar a ese estudante e, polo tanto, tampouco agora a sociedade pode beneficiarse da colaboraci\u00f3n desa persoa para concorrer a unha vida comunitaria de mellor calidade e con maiores niveis de xustiza; \u00e9 mesmo moi probable que, ademais, tal fracaso remate por xerar m\u00faltiples e custosos problemas a esa comunidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non debemos ignorar que no momento presente, os \u00e1mbitos b\u00e1sicos de socializaci\u00f3n (a familia, a barriada, os colexios, os postos de traballo,&#8230;) est\u00e1n sufrindo grandes mudanzas. Nas sociedades l\u00edquidas da actualidade, segundo definici\u00f3n de Zygmunt Bauman (2003), a vida das persoas caracter\u00edzase por unha significativa perda de filiaci\u00f3ns, por unha importante ruptura de v\u00ednculos, polo individualismo, pola fraxilidade comunitaria, de relaci\u00f3ns pouco ou nada estables, etc. Factores que condicionan e explican a sensaci\u00f3n de inseguridade e crise da maior\u00eda das persoas, especialmente nos sectores da poboaci\u00f3n m\u00e1is desfavorecidos social, cultural e politicamente. \u00c9 tam\u00e9n esta perda de v\u00ednculos na sociedade a que nos permite entender por que a instituci\u00f3n escolar se sente cada vez m\u00e1is soa; pois unha grande porcentaxe de familias, ou non dispo\u00f1en de tempo e saberes, ou simplemente non lle dan a debida importancia \u00e1 educaci\u00f3n das s\u00faas fillas e fillos. Esta desvertebraci\u00f3n \u00e9 unha das raz\u00f3ns polas que o barrio \u00e9 para moitas persoas un espazo perigoso, un lugar co que as axudas p\u00fablicas a\u00ednda te\u00f1en unha importante d\u00e9beda pendente, que incl\u00fae a reconstruci\u00f3n e creaci\u00f3n de novos \u00e1mbitos de comunicaci\u00f3n e socializaci\u00f3n. As cidades son espazos \u201cduros\u201d o que explica, as\u00ed mesmo, que os nenos e nenas te\u00f1an que ir acompa\u00f1ados no seu cami\u00f1o \u00e1 escola, porque xa non nos fiamos dos demais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">C\u00f3mpre concibir a cidade como un axente educador, deste xeito, os centros docentes non se ver\u00e1n s\u00f3s, illados e incomprendidos, sen\u00f3n formando parte da comunidade; sentiranse, logo, axudados e o seu labor entendido. No entanto, conv\u00e9n que sexamos conscientes dunha certa inercia existente nun sector do profesorado formado con modelos completamente centrados nas instituci\u00f3ns escolares, cerrados \u00e1 participaci\u00f3n cidad\u00e1; docentes con tendencia a especializarse e a entender o mundo con olladas fragmentadas, froito dunha educaci\u00f3n moi reducida \u00e1s materias e nada interdisciplinar; especialistas aos que lles custa, e en concreto a unha importante porcentaxe do profesorado de educaci\u00f3n secundaria, ir m\u00e1is al\u00e1 do ensino dunha listaxe de contidos ditados polas administraci\u00f3ns educativas e interpretado polas editoriais de libros de texto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 importante tam\u00e9n revisar as pol\u00edticas oficiais das administraci\u00f3ns educativas, as\u00ed como a presi\u00f3n das organizaci\u00f3ns e sindicatos docentes, preocupados pola defensa de condici\u00f3ns dignas de traballo, para que sexa factible compatibilizar as esixencias gobernamentais e auton\u00f3micas e as reivindicaci\u00f3ns laborais cos novos roles que as instituci\u00f3ns escolares deben asumir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Esta traxectoria de apertura e colaboraci\u00f3n non \u00e9 nova, pois dende finais da d\u00e9cada dos setenta os movementos de renovaci\u00f3n pedag\u00f3xica comezaron a ver o contorno dos centros como unha fonte de recursos educativos moi valiosa para o traballo que se realizaba nas aulas. Pero, nestes \u00faltimos anos, o modelo ampliouse e democratizouse pasando a definirse como un \u201c<i>proxecto educativo de cidade<\/i>\u201d; unha proposta na que se procura unha coordinaci\u00f3n dos planos formativos escolares cos das restantes iniciativas p\u00fablicas, privadas, e de asociaci\u00f3ns comunitarias do contorno dos centros de ensino.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><b>Bibliograf\u00eda<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">BAUMAN, Z. (2003) <i>Modernidad l\u00edquida.<\/i> Bos Aires, Fondo de Cultura Econ\u00f3mica. 2.\u00aa Ed.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">GIMENO SACRIST\u00c1N, J. (2008) <i>El valor del tiempo en educaci\u00f3n.<\/i> Madrid, Morata.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">TONUCCI, F. (1997) <i>La<\/i> <i>ciudad de los ni\u00f1os: un modo nuevo de pensar la ciudad<\/i>. Madrid, Fundaci\u00f3n Germ\u00e1n S\u00e1nchez Ruip\u00e9rez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">TORRES SANTOM\u00c9, J. (2007) <i>Educaci\u00f3n en tiempos de Neoliberalismo.<\/i> Madrid. Morata. 2\u00aa Ed.<\/p>\n<p><center><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/www.slideshare.net\/slideshow\/embed_code\/24666601\" height=\"400\" width=\"476\" frameborder=\"0\" marginwidth=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\"><\/iframe><\/center><\/p>\n<h3 style=\"text-align: center;\"><strong><a href=\"http:\/\/es.slideshare.net\/slideshow\/embed_code\/23874043\">O ensino en sociedades educadoras. Vertebrar a actividade escolar e extraescolar<\/a><\/strong><\/h3>\n<h4 style=\"text-align: center;\"><strong>Jurjo Torres Santom\u00e9<\/strong><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Paul-Klee-Schoolgirls-outdoors-1939.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-1536\" alt=\"Paul Klee - Schoolgirls, outdoors, 1939\" src=\"http:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Paul-Klee-Schoolgirls-outdoors-1939.jpg\" width=\"529\" height=\"248\" srcset=\"https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Paul-Klee-Schoolgirls-outdoors-1939.jpg 529w, https:\/\/jurjotorres.com\/wp-content\/uploads\/2013\/07\/Paul-Klee-Schoolgirls-outdoors-1939-300x140.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 529px) 100vw, 529px\" \/><\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>Paul Klee<\/strong> &#8211; <em>Schoolgirls, outdoors<\/em> \u00a0(1939)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O ensino en sociedades educadoras Vertebrar a actividade escolar e extraescolar &nbsp; Jurjo Torres Santom\u00e9 Eduga. Revista Galega do Ensino, n\u00ba 55 (Xaneiro &#8211; Abril, 2009) p\u00e1xs.\u00a015 &#8211; 20 &nbsp; Os procesos de globalizaci\u00f3n af\u00e9ctanlles tam\u00e9n \u00e1s instituci\u00f3ns escolares. A medida que o mundo se converte nunha aldea global, os espazos con contornos moi marcados, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6],"tags":[64,65,62,67,66],"class_list":["post-1523","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-educacion","tag-ciudades-educadoras","tag-democracia-y-educacion","tag-educacion-publica","tag-educacion-y-ciudadania","tag-redes-educativas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1523","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1523"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1523\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1577,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1523\/revisions\/1577"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1523"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1523"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/jurjotorres.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1523"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}